O Entroido comezou a semana pasada cos mandadiños do Meco. Tiñamos que vir vestidos seguindo as instrucións sen rechistar:
- O luns ao cole moi riseiro virás, na túa cabeza algo traerás.
- O martes do teu pescozo colgarás un pano, unha garavata ou un colar.
- O mércores na túa roupa prenderás catro pinzas de roupa den igual.
- O xoves si que vai molar, nos teus pés zapatos diferentes calzarás.
- O venres tamén virás xenial co teu disfraz máis ideal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario