sábado, 7 de febreiro de 2015

DÍA 30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Este mércores, debido ao mal tempo da semana pasada, tivo lugar a conmemoración do DÍA DA PAZ.

Estiveramos traballando varios días sobre diferentes maneiras de contribuír á paz, sobre poemas relacionados coa paz, sobre como representar e simbolizar a paz, sobre diferentes debuxos, sobre...

Tamén cantamos e bailamos a canción relacionada coa paz e recollemos as nosas aprendizaxes e reflexións sobre a paz en diferentes flores, pétalos...

Despois do recreo, colocamos as nosas flores no XARDÍN POLA PAZ. Cada clase foi colocando as súas flores onde correspondía.


O xardín recolle moitas propostas para acadar a paz e moitas maneiras de concebila.

Despois cantamos e bailamos a canción "Celebra la vida" de Axel.


Ningún comentario:

Publicar un comentario