sábado, 19 de decembro de 2015

FELICES FESTAS A TODOS!

E COMO TODOS OS ANOS... FESTA PARA REMATAR!

Despois do festival no auditorio, comezou a festa coas 12 badaladas e a bailar! Aínda que foi o último día do ano, fixemos novas aprendizaxes: compartir, colaborar, axudar, repartir, agradecer, agardar, observar normas, gozar en grupo...


Máis adiante poderedes ver as fotos e os vídeos dese día!

REMATAMOS O TRIMESTRE

Despois dos traballos individuais, en parella e grupais, proxectos, grupos cooperativos... sobre O Corpo, Os Seres Vivos en xeral, Os Animais, As Plantas, A Terra, O Universo, O Dereito a Non Discriminación, As Cores do Outono, Os Ecosistemas, As Paisaxes, As Tarxetas de Nadal, A Loita Contra o Maltrato...

Toca un pouquiño de descanso ben merecido!


No vindeiro trimestre agárdanos moitos traballos e proxectos novos e algún que continuaremos porque inda quedan moitas cousas interesantes que ver!

VISITADE O BLOG DA BIBLIO!

Ademais dos lemas, hai fotos dos contacontos, datas de concertos de Nadal, lecturas recomendadas e moito máis!

O APALPADOR

Esta semana tivemos ao Apalpador polo cole. E con el os seus acompañantes, caramelos e cantigas!!

Velaquí un recortable para xogar con el!


Os seus pasos para bailar coma el!


E a súa cantiga!

xoves, 10 de decembro de 2015

SABES RECICLAR?

Preme AQUÍ para poder divertirte cos diferentes xogos!


luns, 7 de decembro de 2015

SABÍAS QUE...

- ...o Sistema Solar ten cola, como os cometas?

- ...aplaudir é contaxioso?

- ...máis de 1000 aves morren cada ano por estrelarse contra ventás?

- ...unha cuarta parte dos ósos do corpo humano se atopan nos pés?

- ...no mundo existen máis de 5.000 linguas que mostran diferentes culturas?

mércores, 2 de decembro de 2015

PREMIADOS DO CONCURSO "PONTE A PROBA"

OS PREMIADOS SON...

1ºB Carlos Iglesias

4ºA David García

5ºA Pablo Araujo

1. Que animal ten tres párpados?
Algúns réptiles, aves, anfibios e mamíferos. Por exemplo o camelo grazas ao terceiro párpado protéxese das tormentas de area; a quenlla (tiburón) pecha o terceiro párpado para atacar e así protexer os seus ollos dalgún golpe.

2. Que animal pode vivir varias semanas sen cabeza?
A cucaracha, porque non teñen presión sanguínea, non respiran pola cabeza, senón que respiran por todo o corpo e o seu corpo funciona como cerebro. Pero morren despois de varias semanas porque non poden alimentarse.

3. Que animal pode limparse os oídos coa súa lingua?
A xirafa, porque mide 21 pulgadas.

4. Que animal non ten cordas vogais?
A xirafa. Considérase o único animal do planeta mudo.

5. Se tres nenos cazan tres moscas en tres minutos. Canto tardarán trinta nenos en cazar trinta moscas?
Tardan 3 minutos, porque todos os nenos cazan as moscas á vez e cada neno tarda 3 minutos.

RELATOS PREMIADOS DO SAMAÍN!

- A equipación máxica

- As chamadas

- A alumna número 21

- A lenda de Ragnarok

- A santa compaña

- O misterio das cabazas

luns, 30 de novembro de 2015

MANIFESTO NO DÍA DO MALTRATO

O día 25 de novembro foi o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. No colexio fixemos un manifesto contra todo tipo de violencia onde participamos todos os alumnos de Infantil e Primaria.

xoves, 26 de novembro de 2015

O MACHISMO QUE NON SE VE

Este vídeo é unha reportaxe que mostra que o machismo está presente na nosa cultura, nos medios de comunicación e nas relaciones familiares, laborales e sociales.

sábado, 21 de novembro de 2015

CLAVES PARA UTILIZAR INTERNET CON SEGURIDADE


UNHA CHARLA MOI INTERESANTE

Esta semana tivemos unha charla sobre o perigo de internet, de dar información persoal a descoñecidos, o acoso... E reflexionamos sobre o tema!




ESTÁ PRESENTE TODOS OS DÍAS...

...AÍNDA QUE NON A VEXAMOS! TODO COMEZA NAS PEQUENAS COUSAS!



Un artigo moi interesante:

POR QUE O ROSA É DE NENAS O O AZUL DE NENOS?

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Hai moitas maneiras de maltratar...

MÁIS FOTOS DO MAGOSTO

O MAGOSTO

Despois de tanto esperar... Fomos tomando posicións para os xogos do magosto! Este ano fixemos grupos con alumnos de diferentes niveis e fixemos xogos moi divertidos! Cando rematou a festa, tomamos castañas... Este ano estaban boísimas!

Velaquí algunhas das fotos dese día.

martes, 10 de novembro de 2015

UN CONCERTO DE TUBA

A tuba parécese a algúns intrumentos que coñecemos... Pero soa totalmente diferente! Pasámolo xenial todos os nenos de infantil e os de 4º A!

UNHA SESIÓN DE TROMPA

E despois de saber as características e o son da trompa... Así gozamos coa música os nenos e nenas de infantil!

10 PAUTAS PARA SUPERAR OS MEDOS

Preme na imaxe para saber as pautas que axudan ao neno ou á nena a superar os seus medos.


Ás veces a pantasma tamén ten medo... Preme AQUÍ para ler este conto sobre pantasmas.

O DÍA DE SAMAÍN

Dende fai días, historias de terror sobre castelos cheos de pantasmas e outros amigos acompañaron aos nenos e nenas para preparar a visita dos Corredores do Medo, desde os de infantil ata os de 6º de primaria.

Uns corredores cheos de recunchos escuros, nos que os seus habitantes non limpan, nin ordenan. Nos que as arañas medran polas paredes e as voces dos pantasmas parecen saír da biblioteca do colexio... Uuuhhh, Uuuuhhhh!!

No percorrido, no que se podía visitar a exposición das vasoiras decoradas, os nenos e nenas perdían os medos pouco a pouco... Ata chegar á Biblioteca que estaba chea de morcegos, arañas, caveiras... onde fixeron unha lectura a escuras con lanternas.

Velaquí as fotos dese día!


Os gañadores do concurso da mellor vasoira decorada foron:
- Lois Ferrín, 4 anos B
- Uxía Fernández, 2º A
- Saúl Fernández, 4º B
- Carlos Pérez, 6º A

domingo, 8 de novembro de 2015

10 CLAVES PARA MELLORAR A APRENDIZAXE

Preme na imaxe para saber as 10 claves da neurociencia para mellorar a parendizaxe.

sábado, 31 de outubro de 2015

A SEMANA DO MEDO

A festa do xoves deu comezo coa inauguración da biblioteca. Para celebralo, decorouse a biblio con caveiras, esqueletos, monstros, morcegos... E o mellor foi a exposición de libros de medo. Aproveitamos para facer unha lectura a escuras coas lanternas.

Os corredores do colexio estaban cheos de vasoiras decoradas... Todas moi creativas! A verdade que daban moito medo! 

Ao longo da semana fixemos diferentes manualidades de terror, debuxos, historias... Daban pánico!!

Nuns días aparecerán no blog todas as fotos dese día! Mentres, pasade unha boa noite de Samaín!

venres, 23 de outubro de 2015

UN DÍA CON "COCA"

Coca, a neta de Julia Becerra Malvar, condesa que dá o nome ao noso colexio, estivo unha mañá connosco dando unha charla sobre a vida da súa avoa, cousas que facían as dúas, recordos dela... Aproveitamos para facerlle preguntas sobre como era... Un día moi interesante!

OS MEDOS ENTRE O ALUMNADO

Xeralmente, os medos acostuman aparecer entre os 3 e os 6 anos, cando as nenas e os nenos non entenden aínda ben o que sucede ao seu redor e tampouco son quen de separar o que é real do que non o é.

Os medos aparecen e desaparecen e van cambiando a medida que se medra.

Ás veces os contos poden axudar neste proceso. Algúns contos pódense ler premendo en cada enlace:


Outros podemos velos e escoitalos, por exemplo:

O SAMAÍN ESTÁ MÁIS PRETO

domingo, 18 de outubro de 2015

TEMOS QUE SER PARTÍCIPES DO GRAN VALOR DOS CONTOS

A BIBLIOTECA ESTÁ A PIQUES DE ABRIR

Co outono vén o Magosto e o Samaín... Ademais da festa que teremos no cole coas castañas... que teremos para o Samaín? A biblioteca abrirá con contos de medo? Ao mellor historias de monstros? Ou bruxas malvadas?...

xoves, 17 de setembro de 2015

INICIAMOS O CURSO

Despois de dar a todos os alumnos a benvida ao un novo curso, comezamos...

Durante estes días estamos coa acollida do alumnado de infantil, que toman contacto coas novas profes e compañeiros, realizando actividades relacionadas co inicio do curso, actividades de reencontro cos amigos, consensuando as normas da aula, lembrando as normas do centro, ...

Cos alumnos máis maiores estamos coñecendo as novas aulas, formando grupos para as actividades cooperativas, repasando as normas da aula e do cole, facendo actividades de repaso, falando de como traballaremos este curso e sobre todo... falando do ben co pasaron en verán!!

martes, 8 de setembro de 2015

UN NOVO CURSO ESCOLAR DÁ COMEZO

Esta semana xa comezamos as clases!

O día 10 imos vernos os alumnos de Infantil e Primaria, falaremos un pouco de todo!! Tamén do que imos traballar neste curso! Deica prontiño!!

martes, 23 de xuño de 2015

luns, 22 de xuño de 2015

FALADURÍAS

Este ano, como novidade, comezamos coa nosa revista en versión dixital. Aquí tedes o primeiro exemplar con actividades extraescolares, artigos interesantes, chistes, contos, poesías, excursións, fotos, debuxos dos mestres feitos polos nenos e nenas de infantil,... e moito máis!! Esta edición foi elaborada polos alumnos, coa colaboración dalgúns profes.

RECOMENDACIÓNS PARA VERÁN

REMATAMOS AS CLASES!

O venres rematamos as clases do curso 2014-2015!!

Algúns cursos fixemos unha festiña de despedida con "comilona conxunta", outros fixemos xogos ata as actuacións dos bailes das nosas compañeiras, outros recibimos uns diplomas e unhas orlas  porque comezamos unha nova etapa... Despois fomos ao campo para gozar das actuacións das compañeiras de ximnasia rítmica e zumba. Logo, fixemos moitos xogos variados polo campo e o pavillón. Ademais, os nenos de infantil xogamos co colchón inchable a saltar, caer... E por último, despedímonos dos nosos profes ata o ano que vén!

MÁIS FOTOS DE BAROSA DE 1º E 2º DE PRIMARIA

domingo, 21 de xuño de 2015

venres, 19 de xuño de 2015

FIN DE CURSO EN PRIMARIA

Xogamos, bailamos, pasámolo xenial cos nosos compañeiros... Puidemos coa calor!! E agora a descansar!!

FESTIVAL INFANTIL

Moi bo traballo! Menudos bailes... Os nenos e nenas de infantil somos uns artistas!

EXCURSIÓN RÍO BAROSA DE 3º DE PRIMARIA

Pasámolo xenial...xa sabemos facer pan, pizzas, bolos de pan... Tamén sabemos cantas partes ten un muíño, como se traballaba... Foi moi divertido, sobre todo co can que lle chamabamos Coco!

EXCURSIÓN RÍO BAROSA DE 1º E 2º DE PRIMARIA

Algúns tivemos as mans na masa!! Pasámolo moi ben cos nosos compañeiros! Agora xa sabemos como funcionan os muíños, o forno de pan, o traballo que dá o pan... 

sábado, 13 de xuño de 2015

OS GAÑADORES SON...

OS GAÑADORES DO ÚLTIMO CONCURSO DE PONTE A PROBA DO CURSO SON...

2º B UXÍA

3º A DIEGO SARTAL

5º A UXÍA VILLAVERDE

1. Que pesa máis un kilo de ferro ou un kilo de algodón? 
Pesan igual, porque pesan un kilo cada un.

2. Se estás participando nunha carreira e adiantas ao segundo, en que posición acabas a carreira?
Segundo, porque antes eras o terceiro.

3. Dous pais e dous fillos van ao cine e compran 3 entradas nada máis para poder ver a película. Pode ser posible?
Si, porque son avó, pai e neto.

4. Unha señora dille a unha amiga: "Fai dous días o meu fillo tiña e o ano que vén terá 9 anos". Pode ser iso posible?
Si, porque a conversación é o día 1 de xaneiro e o fillo cumple anos o 31 de decembro.

5. A suma de 3 cifras iguais da como resultado 24, pero o 8 non é o número que buscamos. Cal é? 
22+2

6. Indo eu cara a Villavieja cruceime con 7 vellas. Cada vella tiña 7 sacos e cada saco 7 ovellas. Cantas vellas, sacos e ovellas iban cara a Villavieja?
Ningunha, porque a Villavieja estaba indo eu, elas viñan de volta.

7. Cal é o único animal que dorme cun ollo aberto e outro pechado?
O delfín.

8. Cal é o único animal que dorme nada máis que 7 minutos e ademais o fai de pé?
A xirafa.

9. Cal é o único mamífero que non pode saltar?
O elefante

10. Que animal que existiu na Terra se considera de maior tamaño?
A balea azul, xa que pode alcanzar os 30 metros de lonxitude e chegar a pesar 180 toneladas. 

11. Canto mide o peixe máis pequeno do mundo? 
Nada máis que 8 milímetros.

12. Cal é o único mamífero que voa? 
O morcego.

13. Cal é a serpe máis grande do mundo?
A anaconda, que pode medir ata 9 metros.

14. Cal é o animal máis rápido a 2 patas?
A avestruz, que pode alcanzar os 67 km/h e pode manterse a correndo grandes distancias.

15.  Cal é o animal máis rápido a 4 patas?
O quepardo, que pode alcanzar os 100 km/h.

ATENTOS! QUE EMPEZA O CONTO!

Os nenos e nenas de infantil tivemos un contacontos na biblio. Pasámolo xenial!

UN DÍA NA RESIDENCIA

Os de 2º estivemos cos nosos compañeiros maiores no xeriátrico. Ensináronnos as súas instalacións, onde fan exercicio, falamos un pouco con eles... E tamén fixemos xogos!!

UN DÍA NO LAVADOIRO

Os pequenos de infantil fomos ao lavadoiro e aprendimos moitas cousas. Que guapos e guapas estabamos cos nosos mandís!





INFANTIL NA RUTA DA PEDRA E DA AUGA

Velaquí algunhas das fotos da nosa andaina...

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 6º

Despois da excursión de despedida... Moita sorte na ESO!

CARREIRA DO ABRENTE





xoves, 4 de xuño de 2015

SAÍMOS NOS XORNAIS!



OBRADOIRO DE COSTURA EN INFANTIL

Comezamos coa preparación do festival de fin de curso de infantil. Velaquí un obradoiro de costura de disfraces de dinosaurios realizado coa colaboración voluntaria das familias do alumnado de 3 anos. TODO UN EXITAZO!! En dúas horas, quedaron listos case todos os traxes para os máis pequenos do cole que interpretarán unha canción moi divertida de dinosaurios o 18 de xuño.

mércores, 3 de xuño de 2015

LIP DUB: IMAXINA

Despois de varios ensaios... Aquí tedes o resultado do noso Lip dub: Imaxina.

Moitas grazas aos que participaron, sobre todo aos delegados e encargados de cada clase.


sábado, 30 de maio de 2015

ASÍ MIRAMOS AOS DEMAIS...?

Velaquí outro exemplo de que publicidade non só é publicidade. Este vídeo ensínanos que podemos equivocarnos.

A TECNOLOXÍA SUPEROU Á HUMANIDADE?

CUARTO E ÚLTIMO CONCURSO DO CURSO: "PONTE A PROBA"

Esta semana comezou o último concurso Ponte a proba. Hai preguntas de pensar, de lóxica, sobre animais...

FOTO DOS GAÑADORES DO 3º CONCURSO

PONTE A PROBA

PASOS PARA SER UN BO LECTOR E UNHA BOA LECTORA

Premede na imaxe para ler os pasos que temos que seguir.


TEMOS QUE COOPERAR

Temos que cooperar e axudar ao compañeiro para que todo sexa máis fácil.

AO REDOR DO MEDIO AMBIENTE

A Asamblea das Nacións Unidas en 1972 sinalou o 5 de xuño como o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

Este ano ademais é o ano internacional do solo. Para coñecer a súa importancia e como coidalo, aquí tedes unha presentación que vos pode axudar.



Preme no título para ler un cómic divertido:

VIVIR NO SOLO.


domingo, 24 de maio de 2015

SABÍAS QUE...

- ...a maioría das partículas de po nas casas están feitas de pel morta?

- ...os delfíns dormen cun ollo aberto?

- ...Thomas Alva Edison tiña medo á escuridade?

- ...o primeiro ano dun can equivale a 21 anos humanos e cada ano canino posterior é de 4 anos humanos?

- ...os muíños de vento sempre xiran ao contrario das agullas do reloxo, agás en Irlanda?

- ...unha libélula vive aproximadamente 24 horas?

- ...unha especie de ra velenosa ten suficiente veleno como para matar ao redor de 2.200 persoas?

- ...cantar é bo para a saúde?

- ...o cerebro se encolle coa idade?

sábado, 23 de maio de 2015

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Con motivo da celebración das Letras Galegas e o mes de Galicia, imos facer unha nova actividade no centro. Desde a vindeira semana ata final de curso, todos os alumnos que queiran participar, poderán traer de xeito voluntario, fotos de lugares ou monumentos que visitaron en algunha ocasión ao longo da nosa xeografía galega. Estas fotos deberán vir co nome e curso do alumno escritos, ademais do lugar/monumento visitado. Posteriormente expoñeranse nun mapa para que todos os alumnos poidan consultalo.


OS GAÑADORES DO 3º CONCURSO SON...

OS GAÑADORES DO 3º CONCURSO PONTE A PROBA

1º B MATEO VILAS

4º A NOA BARREIRO

5º B UXÍA PORTAS


1. Que relación hai entre o día do libro (23 abril) e Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega? 
É o día que morreron estes escritores.

2. De que cidade partiu a idea orixinal do Día do Libro? 
cataluña.

3. En que ano converteuse nunha Festa Mundial o Día do libro? 
1995.

4. Como se chama o escritor que deu a idea orixinal do Día do Libro? Vicente Clavel Andrés.

5. En que ano naceu e morreu Xosé Filgueira Valverde? 
1906 – 1996.

6. Con que sobrenome se lle coñecía no seu ámbito intelectual galego? O vello profesor.

7. En que provincia galega naceu? 
Pontevedra.

8. Tamén escribiu unha obra de teatro para nenos, como se chama? Agromar.

9. A súa primeira obra literaria foi un libro de relatos para nenos. Cal é o seu título? Cantos anos tiña o autor cando este libro saíu á luz? 
Os nenos. 17 anos.

10. A ver se es quen de dicir en que importante institución galega participou o noso autor como membro fundador? 
O Seminario de Estudos Galegos.

ACROSPORT

Estamos semana tivemos unha exhibición de acrosport polos alumnos da ESO.

O CORREDOR MEDIEVAL

O corredor de infantil de 4 anos e 3º A converteuse en medieval con castelos, contos da historia, personaxes de cabaleiros, princesas, dragóns, escudos, fachos, portas decoradas, vidreiras...

sábado, 16 de maio de 2015

OS EFECTOS DA LECTURA

Premede na imaxe para ler os efectos tan benefiosos que ten a lectura. Por iso, hai que acostarse lendo un libro e non mirando a televisión.

PREMEDE AQUÍ

CLAVES PARA FOMENTAR O PLACER DA LECTURA

Premede na imaxe para ver as claves de fomentar a lectura nos máis pequenos.


PREMEDE AQUÍ

17 DE MAIO, PRESUME DE GALEGO

PORQUE QUEREMOS UN PLANETA MELLOR, RECICLEMOS!

MURAL QUE NOS VALE DE AXUDA

Queda menos para rematar o 3º concurso PONTE A PROBA. Ademais dos carteis que hai sobre o autor homenaxeado onde podemos atopar as respotas ás preguntas, os alumnos de 5º fixeron un mural sobre O Día do Libro que tamén nos pode axudar.

O MAIO DE 4º

MÁIS FOTOS DE 3º NO ZOO

FOTO DOS GAÑADORES DO 2º CONCURSO

PONTE A PROBA

O PROXECTO DOS CASTELOS

En infantil de 4 anos estamos traballando cos castelos. Estamos convertindo o noso corredor nun castelo coa axuda de 3º A que se introduce na Historia. Agora sabemos como era un castelo, quen vivía, que se facía dentro...

En 3º A tamén fixemos debuxos de castelos, contos, exposicións dos nosos contos,  castelos con material reciclable... Mira algúns dos nosos castelos!


Premendo nas diferentes palabras podedes ver como se fan diferentes castelos:

- Un castelo con 3 torres

- Un castelo con 4 torres

luns, 11 de maio de 2015

REUNIÓN DA ESCOLA DE PAIS/NAIS

Este venres 15 de maio celebraremos a segunda reunión da Escola. Convidamos a todos/as a participar na charla ás 20:00 horas na sala de usos múltiples no edificio de Secundaria.

TEMA: Hábitos e normas de conduta na infancia

domingo, 10 de maio de 2015

OS DINOSAUROS

Os nenos e as nenas de 3 anos estamos traballando Os Dinosauros. Cada vez sabemos máis sobre a vida deles.

Premede AQUÍ para coñecer algúns dos seus nomes.

Para ver debuxos sobre os dinosauros pica na imaxe.

MÁIS ACTIVIDADES PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para saber máis: