sábado, 28 de febreiro de 2015

CONTOS PARA AFRONTAR DISTINTAS SITUACIÓNS

Ademais de gozar coa lectura, estes contos permitirán aos alumnos a desenvolver estratexias de comportamento ante situacións habituais, como a de "Escoitar e pensar antes de actuar".

Premede na imaxe para poder elexir o conto.

UN DÍA NA CONSERVEIRA

O xoves, os alumnos de 3º, fomos á fábrica de conservas. Ensináronnos todo o proceso das conservas, as máquinas, o traballo en cadea, ... E para rematar, fixemos as nosas latas e tivemos un bo aperitivo!


FEBREIRO, MES DO AMOR

Aínda que todos os días son bos para festexar o amor ou a amizade, este mes escribimos unha carta a outra persoa cunha mensaxe amable e positiva.



Premede AQUÍ para ver o reparto das cartas!

CONCURSO DE LEMAS

O concurso de lemas para a biblioteca xa pechou. Nuns días coñeceremos aos gañadores!
Grazas pola vosa participación!

CLASE DE BAILES DE SALÓN

A semana pasada tivemos unha clase de bailes de salón. Agora xa poderemos seguir o ritmo da música nos festivais!

Velaquí algunhas das nosas fotos:

NOVOS LIBROS PARA A BIBLIO!

Queridas familias, como xa sabedes, durante estes meses tivemos un mercado de libros usados no noso centro. Agora temos libros novos para poder ler e gozar coa lectura! Moitas grazas e parabéns!

O COLE SOMOS TODOS E A LECTURA O NOSO BEN!!

martes, 24 de febreiro de 2015

EDUCAR NA RESPONSABILIDADE

Nestes últimos tempos, son moitas as persoas expertas que falan da necesidade de educar na responsabilidade, axudar a madurar... Tamén alertan sobre a inmadurez que os nosos nenos e nenas arrastran ata unha idade moi tardía e culpan á sobreprotección diso.

Unha nai fíxose famosa por escribir unha PUBLICACIÓN no seu blog no que reflexiona precisamente sobre iso. Esta publicación di:

sábado, 21 de febreiro de 2015

ACADEMOS AS COMPETENCIAS ENTRE TODOS

Dende a casa tamén podemos axudar a que os nenos acaden as competencias.

Non se trata de converter a casa nun centro educativo... simplemente en realizar tarefas sinxeliñas. Algúns exemplos para cada día aparecen neste almanaque da CEAPA.

OS VIDEOXOGOS ENGANCHAN

Temos que ter moito coidado xa que os videoxogos enganchan. As familias deben poder detectar o problrema e ter na súa man suxestións para atallar o problema antes de que se produza.


Preme AQUÍ para poder ver a páxina do Orienta Blog e ter algunhas suxestións.

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro. Dende o colexio queremos contribuír á homenaxe coñecendo máis sobre a súa vida e obra.


Premede nas palabras para coñecer máis sobre ela cun vídeo e varios xogos:

VÍDEO

LIM BIOGRAFÍA                               XOGO

O APALPADOR

O Apalpador mandounos unhas fotos de agasallo aos nenos de infantil.

CONCURSO DA CANDELORIA EN SECUNDARIA

Preme AQUÍ para ver os textos premiados no concurso de cartas de amor da Candeloria.

IMOS AOS BOMBEIROS!!

Os nenos de 3 anos estivemos cos bombeiros e pasámolo xenial!!

ENTROIDO

O Entroido comezou a semana pasada cos mandadiños do Meco. Tiñamos que vir vestidos seguindo as instrucións sen rechistar:

- O luns ao cole moi riseiro virás, na túa cabeza algo traerás.


- O martes do teu pescozo colgarás un pano, unha garavata ou un colar.


- O mércores na túa roupa prenderás catro pinzas de roupa den igual.


- O xoves si que vai molar, nos teus pés zapatos diferentes calzarás.


- O venres tamén virás xenial co teu disfraz máis ideal.

sábado, 14 de febreiro de 2015

OS BOLECHAS E O ENTROIDO

CONTOS SOBRE O ENTROIDO

Premede na imaxe para ler, coñecer e saber as historias divertidas sobre o entroido no zoo, no bosque e a historia do entroido. Son contos en castelán moi divertidos.


E CHEGA O ENTROIDO

Durante estes días as clases traballaron sobre o Entroido. Un Entroido que este ano foi cheo de temáticas diferentes: bombeiros, cociñeiros, camareiros, cavernícolas, vaqueiros, títeres, deportistas, rapeiros, sevillanos, Trancas (a formiga da tele), un oso xigante...

Esta semana seguimos as instrucións do Meco e cada día tiñamos que levar unha prenda diferente.

Para que non se faga moi longa a espera para poder ver as nosas fotos, premede na imaxe para xogar ao Pasapalabra e coñecer o Entroido Tradional Galego.




sábado, 7 de febreiro de 2015

COIDADO COAS TABLETAS!!

Artículo moi interesante para reflexionar sobre o uso destes aparellos.

Premede na imaxe:

DÍA 30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Este mércores, debido ao mal tempo da semana pasada, tivo lugar a conmemoración do DÍA DA PAZ.

Estiveramos traballando varios días sobre diferentes maneiras de contribuír á paz, sobre poemas relacionados coa paz, sobre como representar e simbolizar a paz, sobre diferentes debuxos, sobre...

Tamén cantamos e bailamos a canción relacionada coa paz e recollemos as nosas aprendizaxes e reflexións sobre a paz en diferentes flores, pétalos...

Despois do recreo, colocamos as nosas flores no XARDÍN POLA PAZ. Cada clase foi colocando as súas flores onde correspondía.


O xardín recolle moitas propostas para acadar a paz e moitas maneiras de concebila.

Despois cantamos e bailamos a canción "Celebra la vida" de Axel.