
venres, 10 de abril de 2015
SEGUNDO CONCURSO: "PONTE A PROBA"
Comeza o 2º concurso de Ponte a proba con máis adiviñas, problemas, cálculos matemáticos... Isto é todo un desafío!
domingo, 5 de abril de 2015
xoves, 2 de abril de 2015
XA ESTAMOS NA PRIMAVERA!
NOVIDADES NA BIBLIO!
Premede AQUÍ para acceder ao blog da biblio e coñecer o lema gañador da biblioteca, os novos contos con aventuras alucinantes, os traballos de producións propias feitas polos nosos compañeiros...

OS GAÑADORES SON...
OS GAÑADORES DO PRIMEIRO CONCURSO PONTE A PROBA
2º A LUCAS
3º B ABRAHAM
5º A RAÚL
1. Son a primeira na Lúa, a segunda en Plutón, non estou na Terra e son a última no Sol. Quen son?
A letra "L" (Lúa, Plutón, Sol)
2. Nunha habitación hai dous papás, dous fillos e un avó, pero só hai tres persoas. Como é posible?
Un avó (pai do pai e avó do neno), un pai (fillo do avó e pai do neno) e un fillo (que ten un pai e un avó).
3. Se teño 40 peixes nun acuario e afogan 28. Cantos peixes me quedan?
Quedan 40 porque non afogan, é imposible porque viven na auga.
4. Cantos animais teño na casa sabendo que todos son cans menos dous, todos son gatos menos dous e que todos son papagaios menos dous?
Un can, un gato e un papagaio (todos menos dous, é dicir, 3-2=1; un de cada).
5. Que está sempre no medio do mar?
A letra "A"(M A R)
6. Cal é o número ao que se lle colles a metade vale cero?
O 8, porque se lle colles un dos círculos que o forma, queda nada máis que un círculo (0).
7. A imaxe é: un dos muíños da Ruta da Pedra e da Auga.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





