xoves, 2 de abril de 2015

OS GAÑADORES SON...

OS GAÑADORES DO PRIMEIRO CONCURSO PONTE A PROBA

2º A LUCAS

3º B ABRAHAM

5º A RAÚL

1. Son a primeira na Lúa, a segunda en Plutón, non estou na Terra e son a última no Sol. Quen son?
A letra "L" (Lúa, Plutón, Sol)

2. Nunha habitación hai dous papás, dous fillos e un avó, pero só hai tres persoas. Como é posible?
Un avó (pai do pai e avó do neno), un pai (fillo do avó e pai do neno) e un fillo (que ten un pai e un avó).

3. Se teño 40 peixes nun acuario e afogan 28. Cantos peixes me quedan?
Quedan 40 porque non afogan, é imposible porque viven na auga.

4. Cantos animais teño na casa sabendo que todos son cans menos dous, todos son gatos menos dous e que todos son papagaios menos dous?
Un can, un gato e un papagaio (todos menos dous, é dicir, 3-2=1; un de cada).

5. Que está sempre no medio do mar?
A letra "A"(M A R)

6. Cal é o número ao que se lle colles a metade vale cero?
O 8, porque se lle colles un dos círculos que o forma, queda nada máis que un círculo (0).

7. A imaxe é: un dos muíños da Ruta da Pedra e da Auga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario