martes, 22 de decembro de 2020

FELICES FESTAS!

Xa que este ano non podemos gozar dun festival navideño como os anos anteriores e mirar as actuacións dos demais compañeiros, deixamos aquí os vídeos dos diferentes cursos de infantil e primaria que preparamos con moito agarimo nesta situación tan atípica. Pinchade aquí para acceder aos vídeos.



xoves, 21 de maio de 2020

A transición da Educación Primaria á Educación Secundaria Obrigatoria

Dentro do Plan de Orientación Académica e Profesional do Departamento de Orientación, do CPI Julia Becerra Malvar, se contempla: A transición da Educación Primaria á Educación Secundaria Obrigatoria, en relación a esta liña de actuación, dende o Departamento de Orientación, se tiñan programadas varias sesións de Orientación Académica, ao alumnado e familias de 6º de Educación Primaria, ante o actual Estado de Alarma, este actuación, non se poderá levar a cabo polo que dende o Departamento de Orientación elaboramos unha presentación onde abordamos os aspectos máis significativos a ter en conta no paso á ESO.
Esta información será remitida persoalmente aos correos do alumnado de 6º de Educación Primaria.

mércores, 6 de maio de 2020

PINTA E COLOREA EN IGUALDADE...

Dende o departamento de igualdade do CIM do Salnés están a traballar no deseño de material informativo e formativo dirixido ao alumnado e familias.
Remitimos en arquivo adxunto un dossier  PINTA E COLOREA EN IGUALDADE que deseñaron para loitar contra os estereotipos de xénero nas profesións e o fomento da corresponsabilidade no fogar.

mércores, 29 de abril de 2020

mércores, 15 de xaneiro de 2020