sábado, 20 de decembro de 2014

REMATAMOS AS CLASES

Rematamos o primeiro trimestre!!
Mentres en Secundaria xogabamos un partido de baloncesto alumnos contra profes antes da merendola, en Educación Infantil e Primaria fomos ver o espectáculo de títeres "Chincha Rabincha".


Por fin xa acabaramos toda as decoracións das portas: 


Ademais, fixeramos outros adornos:como a árbore de Nadal, a ábores dos desexos, moitos debuxos, decoramos os corredores... 


E despois da entrega de premios á mellor porta decorada e das 12 badaladas, comezaba a festa con música.