venres, 19 de xaneiro de 2018

EN BREVES... A VISITA DE LEDICIA COSTAS

A escritora viguesa Ledicia Costas, gañadora do Premio Lazarillo 2017,  ao CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia.

Fará un encontro co alumnado de 1º e 3º de ESO no Auditorio de Ribadumia o 7 de febreiro de 2018, para falar e comentar os libros que leron este curso:

Escarlatina, la cocinera cadáver (1º ESO)
Esmeraldina, a pequena defunta (1º ESO)
Jules Verne, e a vida secreta das mulleres planta (3º ESO)

A actividade foi organizada conxuntamente polos Departamentos de Lingua castelá e Literatura e Lingua Galega e Literatura.


O alumnado leu os libros, fixo uns traballos sobre eles, investigaron sobre a traxectoria literaria da autora,  fixeron noticias de prensa anunciando a súa visita, prepararon a presentación no auditorio, unha entrevista á autora…

Ningún comentario:

Publicar un comentario