Este ano comezamos cun proxecto sobre o pan e o viño nas terras do Salnés.
Temos que recoller cantigas relacionadas coa vendima ou cancións con letra en galego que falen do viño e da vendima, para logo facer un libro para a nosa biblioteca.
Estes días temos que recoller cantigas para traer ao cole:
- Título, letra e intérprete.
- Familia do alumno ou alumna que fixo a recollida.
- Onde foi atopada esa cantiga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario