xoves, 3 de marzo de 2016

PREVENCIÓN DO ACOSO E OUTROS PROBLEMAS A TRAVÉS DO MÓBIL

Hoxe, moitas nenas e moitos nenos teñen acceso aos móbiles. Non son un xoguete.

Xa que lles permitimos o uso, debemos tentar que fagan del un uso seguro e responsable.

Hai que alertalas e alertalos sobre os perigos que uso inadecuado do mesmo pode xerar e das accións que deben evitar:
- adición e uso descontrolado do mesmo; lembrarlles que é un medio de comunicación
- descargar aplicacións inadecuadas ou compartir arquivos non apropiados
- deixar que o móbil o poidan usar outras persoas e que fagan un uso non apropiado (acostumarse a poñer contrasinal de acceso e non compartilo con calquera)
- formar grupos con xente descoñecida ou pouco coñecida
- conectarse a redes wifi descoñecidas (indicarlles a desprotección que pode conlevar)
- facer fotos e gravacións sen permiso (lembrarlles que só se pode gravar e fotografar a quen lles dea permiso previo e que inda que teñan permiso para fotografiar, non deben difundir esas fotos, imaxes e gravacións)
- insultar, ameazar,... acosar ( deixarlles claro que o móbil serve para comunicarse e que non debe ser empregado para acción violentas, que estas non son válidas en ningún momento e espazo e tampouco por medio dos móbiles)

Ningún comentario:

Publicar un comentario