O 21 de marzo foi o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial. Desde o centro, todos os días son válidos para eliminala!
xoves, 31 de marzo de 2016
venres, 18 de marzo de 2016
REMATAMOS O TRIMESTRE
- A Terra
- Os ríos
- España e as súas comunidades
- China e os seus costumes
- Os seres vivos
- A reciclaxe
- Os animais do mar
- Os mapas
- Os sentidos
- Os animais do mar
- Os mapas
- Os sentidos
- ...
Outros van aínda continuar un chisquiño durante o terceiro trimestre e tamén van iniciarse varios novos... Xa veredes que interesantes son!
Outros van aínda continuar un chisquiño durante o terceiro trimestre e tamén van iniciarse varios novos... Xa veredes que interesantes son!
EXCURSIÓN A SOGAMA
Agora xa sabemos como se recicla, para que vale cada recolector, para que serve a reciclaxe...
Velaquí algunhas das fotos!
VOTA OS MICRORRELATOS DOS NOSOS COMPAÑEIROS
Silvia Serantes, Fernando Núñez e Marios Pesqueira, compañeiros de ESO, participan no II Concurso de Microrrelatos Prensa-Escuela. Estes son os enlaces para votalos!
mércores, 16 de marzo de 2016
xoves, 10 de marzo de 2016
COMEMOS SAN?
Preme en cada apartado para descubrilo:
- As galletas son boas?
- É verdade que temos que comer de todo?
- Que é o mellor para nós?
- As galletas son boas?
- É verdade que temos que comer de todo?
- Que é o mellor para nós?
mércores, 9 de marzo de 2016
8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Reivindícase a todas as mulleres e a igualdade completa dos dereitos. E este ano, aínda hai pouco que celebrar, pero moito que reclamar: a fin da discriminación, que se erradiquen as violencias machistas, que se alcance a igualdade salarial, a universalización dos coidados, a libre elección...
Ao longo deste mes, no concurso ¨PONTE A PROBA¨, temos que adiviñar que palabra se agacha detrás de cada letra do alfabeto.
luns, 7 de marzo de 2016
xoves, 3 de marzo de 2016
PREVENCIÓN DO ACOSO E OUTROS PROBLEMAS A TRAVÉS DO MÓBIL
Hoxe, moitas nenas e moitos nenos teñen acceso aos móbiles. Non son un xoguete.
Xa que lles permitimos o uso, debemos tentar que fagan del un uso seguro e responsable.
Hai que alertalas e alertalos sobre os perigos que uso inadecuado do mesmo pode xerar e das accións que deben evitar:
- adición e uso descontrolado do mesmo; lembrarlles que é un medio de comunicación
- descargar aplicacións inadecuadas ou compartir arquivos non apropiados
- deixar que o móbil o poidan usar outras persoas e que fagan un uso non apropiado (acostumarse a poñer contrasinal de acceso e non compartilo con calquera)
- formar grupos con xente descoñecida ou pouco coñecida
- conectarse a redes wifi descoñecidas (indicarlles a desprotección que pode conlevar)
- facer fotos e gravacións sen permiso (lembrarlles que só se pode gravar e fotografar a quen lles dea permiso previo e que inda que teñan permiso para fotografiar, non deben difundir esas fotos, imaxes e gravacións)
- insultar, ameazar,... acosar ( deixarlles claro que o móbil serve para comunicarse e que non debe ser empregado para acción violentas, que estas non son válidas en ningún momento e espazo e tampouco por medio dos móbiles)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)