xoves, 7 de maio de 2015

OS GAÑADORES DO 2º CONCURSO SON...

OS GAÑADORES DO SEGUNDO CONSURSO PONTE A PROBA 

2º A RUBÉN REBOLLO

3º A BRAIS ESTONLLO

6ºA XURXO CASTRO


1. Un caracol cae nun pozo de 12 metros, cada día o caracol sube 3 metros, e pola noite baixa 2 metros. Cantos días tarda en saír do pozo?
Tarda 10 días. O primeiro día sube 3  e pola noite baixa 2 (3-2=1); o segundo día sube 3 (3+1=4) e baixa pola noite 2 (4-2=2); o terceiro día sube 3 (3+2=5) e pola noite baixa 2 (5-2=3)... ata chega ao décimo día que cando sube 3 polo día chega aos 12 metros.

2. Un pastor dille a outro: "Se che dou unha de mis ovellas, ti terás o dobre das que eu teño. Pero se ti me das unha das túas, teríamos as mesmas".  Cantas ovellas ten cada un?
Un ten 5 ovellas e outro 7. Se o que ten 5 lle da unha, tería 4 (5-1=4) e o outro 8 (o dobre: 4x2=8); pero se o que ten 7 lle da unha, tería 6 (7-1=6) e o outro 6 (as mesmas: 5+1=6).

3. Xoán e  Pedro  teñen a mesma cantidade de euros. Canto lle ten que dar Xoán a Pedro para que Pedro teña  2 euros máis que Xoán?
1 euro. Se dúas persoas teñen a mesma cantidade de diñeiro e unha dalle un euro á outra, a diferenza é sempre de 2. Por exemplo: Xoán e Pedro teñen  5 euros.  Xoán dálle 1 euro e queda con 4 euros (5-1=4) e Pedro con 6 (5+1=6).

4. Se vas conducindo un autobús e na primeira parada soben 4 persoas, na segunda soben 3, e na terceira sube 1 máis. Cantos anos ten o condutor?
A adiviña empeza: Se vas conducindo un autobús... (Quen conduce?Ti)
Terás que poñer os teus anos. Volve a ler!

5. Cal é o número que se o colocas ao revés vale menos?
O 9. Ao revés sería o 6.

6. Quen é?
A muller da foto é Julia Becerra Malvar, muller que dá nome ao noso centro.

Naceu en Salcedo (Pontevedra). Viña dunha familia de políticos que poseían o pazo de Barrantes. Vivía en Madrid co seu marido, pero veraneaba en Barrantes porque lle encantaba a vida no campo e o trato coa xente de aquí. Por esa época coñeceu a poetas importantes como Ramón Cabanillas e Alfonso XIII.

Ningún comentario:

Publicar un comentario