Velaquí outro exemplo de que publicidade non só é publicidade. Este vídeo ensínanos que podemos equivocarnos.
sábado, 30 de maio de 2015
CUARTO E ÚLTIMO CONCURSO DO CURSO: "PONTE A PROBA"
Esta semana comezou o último concurso Ponte a proba. Hai preguntas de pensar, de lóxica, sobre animais...
AO REDOR DO MEDIO AMBIENTE
A Asamblea das Nacións Unidas en 1972 sinalou o 5 de xuño como o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
Este ano ademais é o ano internacional do solo. Para coñecer a súa importancia e como coidalo, aquí tedes unha presentación que vos pode axudar.
domingo, 24 de maio de 2015
SABÍAS QUE...
- ...a maioría das partículas de po nas casas están feitas de pel morta?
- ...os delfíns dormen cun ollo aberto?
- ...Thomas Alva Edison tiña medo á escuridade?
- ...o primeiro ano dun can equivale a 21 anos humanos e cada ano canino posterior é de 4 anos humanos?
- ...os muíños de vento sempre xiran ao contrario das agullas do reloxo, agás en Irlanda?
- ...unha libélula vive aproximadamente 24 horas?
- ...unha especie de ra velenosa ten suficiente veleno como para matar ao redor de 2.200 persoas?
- ...cantar é bo para a saúde?
- ...o cerebro se encolle coa idade?
sábado, 23 de maio de 2015
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
Con motivo da celebración das Letras Galegas e o mes de Galicia, imos facer unha nova actividade no centro. Desde a vindeira semana ata final de curso, todos os alumnos que queiran participar, poderán traer de xeito voluntario, fotos de lugares ou monumentos que visitaron en algunha ocasión ao longo da nosa xeografía galega. Estas fotos deberán vir co nome e curso do alumno escritos, ademais do lugar/monumento visitado. Posteriormente expoñeranse nun mapa para que todos os alumnos poidan consultalo.
OS GAÑADORES DO 3º CONCURSO SON...
OS GAÑADORES DO 3º CONCURSO PONTE A PROBA
1º B MATEO VILAS
4º A NOA BARREIRO
5º B UXÍA PORTAS
1. Que relación hai entre o día do libro (23
abril) e Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega?
É o día que morreron estes escritores.
2. De que cidade partiu a idea orixinal do Día do
Libro?
cataluña.
3. En que ano converteuse nunha Festa Mundial o
Día do libro?
1995.
4. Como se chama o escritor que deu a idea
orixinal do Día do Libro? Vicente Clavel Andrés.
5. En que ano naceu e morreu Xosé Filgueira
Valverde?
1906 – 1996.
6. Con que sobrenome se lle coñecía no seu ámbito
intelectual galego? O
vello profesor.
7. En que provincia galega naceu?
Pontevedra.
8. Tamén escribiu unha obra de teatro para nenos,
como se chama? Agromar.
9. A súa primeira obra literaria foi un libro de
relatos para nenos. Cal é o seu título? Cantos anos tiña o autor cando este
libro saíu á luz?
Os
nenos. 17 anos.
10. A ver se es quen de dicir en que importante
institución galega participou o noso autor como membro fundador?
O Seminario de
Estudos Galegos.
O CORREDOR MEDIEVAL
O corredor de infantil de 4 anos e 3º A converteuse en medieval con castelos, contos da historia, personaxes de cabaleiros, princesas, dragóns, escudos, fachos, portas decoradas, vidreiras...
sábado, 16 de maio de 2015
OS EFECTOS DA LECTURA
MURAL QUE NOS VALE DE AXUDA
Queda menos para rematar o 3º concurso PONTE A PROBA. Ademais dos carteis que hai sobre o autor homenaxeado onde podemos atopar as respotas ás preguntas, os alumnos de 5º fixeron un mural sobre O Día do Libro que tamén nos pode axudar.
O PROXECTO DOS CASTELOS
En infantil de 4 anos estamos traballando cos castelos. Estamos convertindo o noso corredor nun castelo coa axuda de 3º A que se introduce na Historia. Agora sabemos como era un castelo, quen vivía, que se facía dentro...
En 3º A tamén fixemos debuxos de castelos, contos, exposicións dos nosos contos, castelos con material reciclable... Mira algúns dos nosos castelos!
- Un castelo con 3 torres
- Un castelo con 4 torres
luns, 11 de maio de 2015
REUNIÓN DA ESCOLA DE PAIS/NAIS
Este venres 15 de maio celebraremos a segunda reunión da Escola. Convidamos a todos/as a participar na charla ás 20:00 horas na sala de usos múltiples no edificio de Secundaria.
TEMA: Hábitos e normas de conduta na infancia
domingo, 10 de maio de 2015
OS DINOSAUROS
Os nenos e as nenas de 3 anos estamos traballando Os Dinosauros. Cada vez sabemos máis sobre a vida deles.
Premede AQUÍ para coñecer algúns dos seus nomes.
Premede AQUÍ para coñecer algúns dos seus nomes.
Para ver debuxos sobre os dinosauros pica na imaxe.
venres, 8 de maio de 2015
3º DE PRIMARIA FOI AO ZOO!
Pasámolo xenial cos osos, as serpes, as avestruces, as tartarugas, os morcegos, os canguros, os leóns...
17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano vai dedicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde. Queres saber máis sobre a súa vida?, queres facer actividades sobre o autor?, queres ser o primeiro en responder ás preguntas do concurso Ponte a Proba?...
PREME NA IMAXE |
xoves, 7 de maio de 2015
TERCEIRO CONCURSO: "PONTE A PROBA"
Comeza o 3º concurso de Ponte a proba dedicado ao Día do Libro e As Letras Galegas... Isto é todo un desafío!
OS GAÑADORES DO 2º CONCURSO SON...
OS GAÑADORES DO SEGUNDO CONSURSO PONTE A PROBA
2º A RUBÉN REBOLLO
3º A BRAIS ESTONLLO
6ºA XURXO CASTRO
1. Un caracol
cae nun pozo de 12 metros, cada día o caracol sube 3 metros, e pola noite baixa
2 metros. Cantos días tarda en saír do pozo?
Tarda 10 días. O primeiro día
sube 3 e pola noite baixa 2 (3-2=1); o
segundo día sube 3 (3+1=4) e baixa pola noite 2 (4-2=2); o terceiro día sube 3
(3+2=5) e pola noite baixa 2 (5-2=3)... ata chega ao décimo día que cando sube
3 polo día chega aos 12 metros.
2. Un pastor dille
a outro: "Se che dou unha de mis ovellas, ti terás o dobre das que eu teño.
Pero se ti me das unha das túas, teríamos as mesmas". Cantas ovellas ten cada un?
Un ten 5 ovellas e outro 7.
Se o que ten 5 lle da unha, tería 4 (5-1=4) e o outro 8 (o dobre: 4x2=8); pero
se o que ten 7 lle da unha, tería 6 (7-1=6) e o outro 6 (as mesmas: 5+1=6).
3. Xoán e Pedro teñen
a mesma cantidade de euros. Canto lle ten que dar Xoán a Pedro para que Pedro
teña 2 euros máis que Xoán?
1 euro. Se dúas persoas teñen
a mesma cantidade de diñeiro e unha dalle un euro á outra, a diferenza é sempre
de 2. Por exemplo: Xoán e Pedro teñen 5
euros. Xoán dálle 1 euro e queda con 4
euros (5-1=4) e Pedro con 6 (5+1=6).
4. Se vas conducindo
un autobús e na primeira parada soben 4 persoas, na segunda soben 3, e na terceira
sube 1 máis. Cantos anos ten o condutor?
A adiviña empeza: Se vas
conducindo un autobús... (Quen conduce?Ti)
Terás que poñer os teus anos.
Volve a ler!
5. Cal é o
número que se o colocas ao revés vale menos?
O 9. Ao revés sería o 6.
6. Quen é?
A muller da foto é Julia Becerra Malvar, muller que dá nome ao
noso centro.
Naceu en
Salcedo (Pontevedra). Viña dunha familia de políticos que poseían o pazo de
Barrantes. Vivía en Madrid co seu marido, pero veraneaba en Barrantes porque
lle encantaba a vida no campo e o trato coa xente de aquí. Por esa época
coñeceu a poetas importantes como Ramón Cabanillas e Alfonso XIII.
domingo, 3 de maio de 2015
SABÍAS QUE...
- ...no espazo os astronautas non poden chorar porque non lles caen as bágoas?
- ...en Bulgaria, os búlgaros moven a cabeza dun lado a outro para dicir que si e de arriba a baixo para dicir q non?
- ...os cans e os gatos tamén son destros ou zurdos?
- ...a Terra pesa aproximadamente 6.588.000.000.000.000.000.000.000 toneladas?
- ...a xirafa é o único mamímero que non produce son ningún?
- ...os bufos son as únicas aves que poden ver a cor azul?
- ...ao nacer temos 300 ósos, pero de adulto só temos 206?
- ...unha persoa ten máis de 1.460 sonos ao ano?
A FELICIDADE SEMPRE É A RESPOSTA
Outro exemplo de que a publicidade non só é publicidade. En esta campaña, preséntase unha visión actual da sociedade; pero, hai algunha familia perfecta?, existe a perfección?...
venres, 1 de maio de 2015
CONTACONTOS
O mércores tivemos un contacontos 1º, 2º, 3º e 4º de primaria: A PRINCESA COS LABIOS DE FRESA.
Ademais de todas as aventuras da princesa con diferentes animais... dramatizamos o conto, fixemos maxia cun libro en branco, fomos capaces de pintar as imaxes coas nosas mentes...
DÍA 1, DÍA DO TRABALLADOR
Hoxe é o Día Internacional dos Traballadores ou Primeiro de Maio. Coñécese como a festa propia do movemento obreiro mundial.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)