Esta semana apareceron uns pasatempos no corredor de infantil e 3º A: unha sopa de letras moi grande sobre animais e O Rincón do Grafiti para firmar ou escribir o que se nos pase pola cabeza dándolle voltas á imaxinación:
- Cantos animais hai?
- Onde están?
- Coñecemos a todos os animais?
- Sabemos clasificalos?
- Que é un animal preeiro? E un detritívoro?
- Cal é a miña firma?
- Para que vale a firma?
- Que é a imaxinación?
- Canto imaxino ao longo do día?
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario