luns, 1 de decembro de 2014

O MAGOSTO EN INFANTIL E PRIMARIA

Despois de traballar arreo sobre o outono, as festas e celebracións típicas da data... No colexio celebramos o noso magosto.

Neses días estivemos facendo murais, contos, carteis, receitas, refráns, actividades plásticas...

Na primeria hora preparamos todo para comezar o día. Mentres se asaban as castañas, os xogos invadían o campo de fútbol: os zancos, o paracaídas, a chave, os tirachinas, o galo, a goma, os bolos, a carreta, os trompos... Logo, entregáronse os diplomas, as medallas e os agasallos aos premiados no concurso do Samaín. E coas castañas asadas... comezamos a comer! E despois todos a xogar!