luns, 22 de decembro de 2014

BADALADAS E FELICITACIÓN

Como última entrada do ano, dende o cole, querémosvos deixar a nosa forma de festexar o aninovo todos xuntos!


Tamén vos queremos agasallar cunha felicitación das nenas e nenos de 2º de Primaria...
QUE SE CUMPRAN TODOS OS VOSOS DESEXOS!

sábado, 20 de decembro de 2014

BO NADAL

Felices Festas dende o colexio para todos.


Son os desexos da comunidade educativa a través deste mural elaborado por algúns dos alumnos:


Aquí vos deixamos as suxestións elaboradas polo profesorado para que leades moito nestes días:

REMATAMOS AS CLASES

Rematamos o primeiro trimestre!!
Mentres en Secundaria xogabamos un partido de baloncesto alumnos contra profes antes da merendola, en Educación Infantil e Primaria fomos ver o espectáculo de títeres "Chincha Rabincha".


Por fin xa acabaramos toda as decoracións das portas: 


Ademais, fixeramos outros adornos:como a árbore de Nadal, a ábores dos desexos, moitos debuxos, decoramos os corredores... 


E despois da entrega de premios á mellor porta decorada e das 12 badaladas, comezaba a festa con música.

sábado, 13 de decembro de 2014

mércores, 10 de decembro de 2014

O PANDIGUEIRO OU APALPADOR: UN PERSONAXE DO NADAL GALEGO

Este Nadal imos traballar coa vertente tradicional desta festa.
Na cultura galega, antes da chegada de Papá Noel, había xa personaxes que traían agasallos e visitaban as casas onde vivían os nenos...

sábado, 6 de decembro de 2014

A CONSTITUCIÓN

Hoxe, 6 de decembro, celébrase en España "El Día de la Constitución", que tanto se escoita comentar nestes últimos tempos pola necesidade dunhas normas que garanten os nosos dereitos e lembren os nosos deberes.

- Para os máis pequenos:


- Para os maiores:

- Debuxos:


luns, 1 de decembro de 2014

O MAGOSTO EN INFANTIL E PRIMARIA

Despois de traballar arreo sobre o outono, as festas e celebracións típicas da data... No colexio celebramos o noso magosto.

Neses días estivemos facendo murais, contos, carteis, receitas, refráns, actividades plásticas...

Na primeria hora preparamos todo para comezar o día. Mentres se asaban as castañas, os xogos invadían o campo de fútbol: os zancos, o paracaídas, a chave, os tirachinas, o galo, a goma, os bolos, a carreta, os trompos... Logo, entregáronse os diplomas, as medallas e os agasallos aos premiados no concurso do Samaín. E coas castañas asadas... comezamos a comer! E despois todos a xogar!