luns, 22 de decembro de 2014

BADALADAS E FELICITACIÓN

Como última entrada do ano, dende o cole, querémosvos deixar a nosa forma de festexar o aninovo todos xuntos!


Tamén vos queremos agasallar cunha felicitación das nenas e nenos de 2º de Primaria...
QUE SE CUMPRAN TODOS OS VOSOS DESEXOS!

sábado, 20 de decembro de 2014

BO NADAL

Felices Festas dende o colexio para todos.


Son os desexos da comunidade educativa a través deste mural elaborado por algúns dos alumnos:


Aquí vos deixamos as suxestións elaboradas polo profesorado para que leades moito nestes días:

REMATAMOS AS CLASES

Rematamos o primeiro trimestre!!
Mentres en Secundaria xogabamos un partido de baloncesto alumnos contra profes antes da merendola, en Educación Infantil e Primaria fomos ver o espectáculo de títeres "Chincha Rabincha".


Por fin xa acabaramos toda as decoracións das portas: 


Ademais, fixeramos outros adornos:como a árbore de Nadal, a ábores dos desexos, moitos debuxos, decoramos os corredores... 


E despois da entrega de premios á mellor porta decorada e das 12 badaladas, comezaba a festa con música.

sábado, 13 de decembro de 2014

mércores, 10 de decembro de 2014

O PANDIGUEIRO OU APALPADOR: UN PERSONAXE DO NADAL GALEGO

Este Nadal imos traballar coa vertente tradicional desta festa.
Na cultura galega, antes da chegada de Papá Noel, había xa personaxes que traían agasallos e visitaban as casas onde vivían os nenos...

sábado, 6 de decembro de 2014

A CONSTITUCIÓN

Hoxe, 6 de decembro, celébrase en España "El Día de la Constitución", que tanto se escoita comentar nestes últimos tempos pola necesidade dunhas normas que garanten os nosos dereitos e lembren os nosos deberes.

- Para os máis pequenos:


- Para os maiores:

- Debuxos:


luns, 1 de decembro de 2014

O MAGOSTO EN INFANTIL E PRIMARIA

Despois de traballar arreo sobre o outono, as festas e celebracións típicas da data... No colexio celebramos o noso magosto.

Neses días estivemos facendo murais, contos, carteis, receitas, refráns, actividades plásticas...

Na primeria hora preparamos todo para comezar o día. Mentres se asaban as castañas, os xogos invadían o campo de fútbol: os zancos, o paracaídas, a chave, os tirachinas, o galo, a goma, os bolos, a carreta, os trompos... Logo, entregáronse os diplomas, as medallas e os agasallos aos premiados no concurso do Samaín. E coas castañas asadas... comezamos a comer! E despois todos a xogar!

sábado, 29 de novembro de 2014

SAMAÍN EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

E aquí tedes as fotos das actividades feitas na clase, nas portas, na casa...
MOI BO TRABALLO!!

O CONTO DE "FILOMENO E CALÍOPE"

Fai unhas semanas, Jose preparou un conto musical para os nenos e as nenas de Educación Infantil con batería, tambor, trompeta, guitarra, cancións, diferentes ritmos... PASÁMOLO XENIAL!


                    - 3 anos:


                    - 4 anos:

                    
                    - 5 anos:

PLANTILLA DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA


ACTIVIDADES CELEBRANDO O 25 DE NOVEMBRO

Ademais de traballar na clase con diferentes vídeos, debates en grupo e individuais, cancións, expresións de distintas persoas sobre a violencia de xénero... Tamén fixemos outras actividades.

Preme na imaxe para ver e escoitar cancións traballadas na clase:


Velaquí outras actividades:



Reflexionamos sobre a necesaria igualdade e vemos que o maltrato pode ter varias caras. O maltrato ten que ver coa desigualdade e o trato desigual e pode ter as seguintes consecuencias:


sábado, 22 de novembro de 2014

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O DÍA DO NENO

O 20 de novembro foi o Día do Neno. Aquí tedes un vídeo explicativo e unha canción:

            - Debuxos:


            - Canción:



PREMIOS DE SAMAÍN NA ESO

CONTOS PREMIADOS NO SAMAÍN

Preme na imaxe para ver todos os contos premiados:


DEBUXOS PREMIADOS NO SAMAÍN

Iria Oliveira Fandiño 3 anos E.I.

Malak Adnani El 4 anos E.I. 

Samuel García Fernández 5 anos E.I. 









Uxía Fernández Núñez 1º curso E.P.

Víctor Vázquez 2º curso E.P.

Adam Fernázdez Fernández 3º curso E.P.

Pablo Araújo Fernández 4º curso E.P.



sábado, 8 de novembro de 2014

CHARLAS SOBRE A IGUALDADE

Esta semana tivemos unhas charlas sobre a igualdade entre o home e a muller.

Xa o tiñamos claro, pero agora máis. As tarefas domésticas son cousa de todos.

Velaquí un vídeo explicativo:


BENVIDA!

BENVIDOS AO NOSO BLOG!

Ola a todos e a todas! Velaquí a bitácora oficial do noso centro.