xoves, 26 de marzo de 2015

21 DE MARZO, DÍA DA ÁRBORE e DÍA DA POESÍA

O Día da Árbore é un recordatorio da importancia de protexer as árbores que nos rodean.



Este día coincide co Día da Poesía, que é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación.


Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa.

Unha forma de xogar coa poesía é facendo caligramas, que é un texto no que as palabras forman un debuxo.

Que debuxo podes facer ti cunha poesía?


martes, 24 de marzo de 2015

FRANCESCO TONUCCI - Psicopedagogo, pensador e debuxante

Tamén coñecido polo nome de Frato, estivo hai uns días en Pontevedra participando nas segundas Xornadas Infancia e Cidade. Transmitiu unha mesaxe moi interesante sobre a educación.

PREMEDE NA IMAXE PARA SABER MÁIS

venres, 20 de marzo de 2015

IMOS DE COMPRAS CON INFANTIL!

NOVIDADES NA BIBLIO!

Podedes gozar da lectura cos novos libros e coleccións!

Detective esqueleto
La lección de August


20 MARZO, 1º DÍA DA PRIMAVERA

Celebramos o primeiro día da primavera cun eclipse!

PREMEDE NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN

"OUR BEST HOLIDAY", by 4º ESO

Premede no título para ver varias curtametraxes dos alumnos de 4º ESO:

                           


                           - Our best holiday



SALÓN DO LIBRO

Comezou o XVI Salón do Libro "Da Ciencia á Ficción"en Pontevedra. Hai moitas cousas: presentacións, exposicións, fotos, experimentos, obradoiros...

Velaquí algunhas das fotos!



Premede AQUÍ para saber máis información.