domingo, 26 de abril de 2015

UNHA CLASE COS MÁIS GRANDES

Tivemos como compañeiros aos máis grandes!!

Os de 2º fixemos varias actividades con eles, tivemos unha charla moi interesante sobre as súas vidas, fixemos debuxos, escribímoslles cartas...

EXEMPLO DE SUPERACIÓN

Coa campaña de recollida de tapóns que estamos facendo no colexio podemos axudar a persoas que o precisan.

Premede AQUÍ para ver un vídeo de exemplo de superación.

CON ESFORZO CONSÉGUESE TODO

Velaquí un vídeo para reflexionar. Ás veces a publicidade non só é publicidade...


CURIOSIDADES

Preme en cada curiosidade para saber máis:



sábado, 25 de abril de 2015

SABÍAS QUE...

- ...o frío é contaxioso?

- ...o peixe pallaso bebé (como Nemo) podería viaxar 400 km en busca dun fogar?

- ...rir mellora a túa memoria?

- ...Ernes Vicent Wright escribiu unha novela chamada Gadsby con máis de 50.000 palabras e que ningunha leva a letra "e"?

- ...un home chamado Charles Osborne tivo hipo durante 69 anos?

- ...millóns de árbores do mundo son plantadas accidentalmente por esquíos que enterran as súas noces e esquécense onde as esconderon? 

- ...Walt Disney tiña medos aos ratos?

- ...en Bangladesh (Sur de Asia) os nenos de 15 anos poden ir ao cárcere por copiar nos exames finais?

venres, 24 de abril de 2015

OS DE 2º FOMOS Á CONSERVEIRA

O NOSO DÍA DO LIBRO

Foi un día moi especial e divertido: había diferentes contos, representacións, títeres, marionetas, disfraces, casiñas decoradas, unha seta... 

OS PEQUENOS FOMOS Á GRANXA

QUEN NON QUERE AÍNDA LER?

LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL SR.  MORRIS LESSMORE


EL INCREÍBLE NIÑO COME LIBROS

xoves, 23 de abril de 2015

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos O Día do Libro no cole. En breves veremos todas as fotos deste día!

mércores, 22 de abril de 2015

22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA

Hoxe é o día do noso planeta. Preme na imaxe para facer un cuestionario e saber que animal es!

luns, 20 de abril de 2015

BENEFICIOS DE COMER EN FAMILIA

As comidas familiares teñen moitos beneficios:

- Protexe fronte ao sobrepeso e a obesidade.
- Protexe dos trastornos do comportamento alimentario e de condutas de risco.
- Mellora as relacións familiares.
- Mellora as relacións cos compañeiros.
- Mellora o rendemento académico.
- ...
PREME NA IMAXE

domingo, 19 de abril de 2015

venres, 17 de abril de 2015

POR QUE É TAN IMPORTANTE BEBER AUGA?


MES DOS LIBROS

Neste mes estamos a traballar arredor dos libros.

Para a celebración do DÍA DO LIBRO, no centro estamos preparando moitas actividades novas... Cales serán? Mentres non chega o día, imos gozar coa lectura dos contos da biblio!

domingo, 12 de abril de 2015

QUE PODEMOS COMER HOXE?

Os alumnos de ámbito científico de 3º ESO-PDC preséntannos este vídeo onde explican os nutrientes e as comidas que debemos facer ao longo do día. 

PREME NA IMAXE

venres, 10 de abril de 2015

EDUCAR NO AUTOCONTROL

A intelixencia emocional pode desenvolverse. Xa dende moi pequenos, todos os nenos deben aprender a controlar as emocións e aprender a enfrontarse ás frustracións. 

A nena ou o neno:

- Ten que aprender a valerse por si, buscar maneiras de entreterse, de agardar e non obter inmediatamente todo o que desexa... NON é adecuado que aprendan a saírse sempre coa súa con rabechas.

- Ten que aprender a controlar os seus impulsos e a súa conduta. Ningunha excusa é válida para amosar enfado desorbitado.

As familias somos o modelo para as nenas e os nenos, e o noso autocontrol é básico para que se esforcen en acadar o seu.



Para nenos:

COMO NON DEBEMOS ACTUAR

O TEU TAPÓN, O SEU SORRISO

Estamos realizando unha campaña de recollida de tapóns para axudar aos nenos Alistair e Iria.




SEGUNDO CONCURSO: "PONTE A PROBA"

Comeza o 2º concurso de Ponte a proba con máis adiviñas, problemas, cálculos matemáticos... Isto é todo un desafío!


domingo, 5 de abril de 2015

2 DE ABRIL, DÍA DO AUTISMO

Porque hai diferentes formas de comunicarse...



TODOS FORMAMOS PARTE DESTE MUNDO!

xoves, 2 de abril de 2015

XA ESTAMOS NA PRIMAVERA!

Os amigos de Planeta Verde deciden pasar unha xornada no parque, onde se sorprenden de que siga a haber xente que tire papeis ao chan. Que pasará...?

PREME NA IMAXE

NOVIDADES NA BIBLIO!

Premede AQUÍ para acceder ao blog da biblio e coñecer o lema gañador da biblioteca, os novos contos con aventuras alucinantes, os traballos de producións propias feitas polos nosos compañeiros...


FALTAMOS NÓS!!

Os alumnos de 3 anos B tamén fomos de compras!

OS GAÑADORES SON...

OS GAÑADORES DO PRIMEIRO CONCURSO PONTE A PROBA

2º A LUCAS

3º B ABRAHAM

5º A RAÚL

1. Son a primeira na Lúa, a segunda en Plutón, non estou na Terra e son a última no Sol. Quen son?
A letra "L" (Lúa, Plutón, Sol)

2. Nunha habitación hai dous papás, dous fillos e un avó, pero só hai tres persoas. Como é posible?
Un avó (pai do pai e avó do neno), un pai (fillo do avó e pai do neno) e un fillo (que ten un pai e un avó).

3. Se teño 40 peixes nun acuario e afogan 28. Cantos peixes me quedan?
Quedan 40 porque non afogan, é imposible porque viven na auga.

4. Cantos animais teño na casa sabendo que todos son cans menos dous, todos son gatos menos dous e que todos son papagaios menos dous?
Un can, un gato e un papagaio (todos menos dous, é dicir, 3-2=1; un de cada).

5. Que está sempre no medio do mar?
A letra "A"(M A R)

6. Cal é o número ao que se lle colles a metade vale cero?
O 8, porque se lle colles un dos círculos que o forma, queda nada máis que un círculo (0).

7. A imaxe é: un dos muíños da Ruta da Pedra e da Auga.