O Día da Árbore é un recordatorio da importancia de protexer as árbores que nos rodean.
Este día coincide co Día da Poesía, que é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación.
Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e invítanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa.
Unha forma de xogar coa poesía é facendo caligramas, que é un texto no que as palabras forman un debuxo.
Que debuxo podes facer ti cunha poesía?