sábado, 19 de decembro de 2015
E COMO TODOS OS ANOS... FESTA PARA REMATAR!
Despois do festival no auditorio, comezou a festa coas 12 badaladas e a bailar! Aínda que foi o último día do ano, fixemos novas aprendizaxes: compartir, colaborar, axudar, repartir, agradecer, agardar, observar normas, gozar en grupo...
Máis adiante poderedes ver as fotos e os vídeos dese día!
REMATAMOS O TRIMESTRE
Despois dos traballos individuais, en parella e grupais, proxectos, grupos cooperativos... sobre O Corpo, Os Seres Vivos en xeral, Os Animais, As Plantas, A Terra, O Universo, O Dereito a Non Discriminación, As Cores do Outono, Os Ecosistemas, As Paisaxes, As Tarxetas de Nadal, A Loita Contra o Maltrato...
Toca un pouquiño de descanso ben merecido!
No vindeiro trimestre agárdanos moitos traballos e proxectos novos e algún que continuaremos porque inda quedan moitas cousas interesantes que ver!
VISITADE O BLOG DA BIBLIO!
Ademais dos lemas, hai fotos dos contacontos, datas de concertos de Nadal, lecturas recomendadas e moito máis!
O APALPADOR
Esta semana tivemos ao Apalpador polo cole. E con el os seus acompañantes, caramelos e cantigas!!
Velaquí un recortable para xogar con el!
Os seus pasos para bailar coma el!
E a súa cantiga!
xoves, 10 de decembro de 2015
martes, 8 de decembro de 2015
luns, 7 de decembro de 2015
SABÍAS QUE...
- ...aplaudir é
contaxioso?
- ...máis de 1000
aves morren cada ano por estrelarse contra ventás?
- ...unha cuarta
parte dos ósos do corpo humano se atopan nos pés?
- ...no mundo
existen máis de 5.000 linguas que mostran diferentes culturas?
venres, 4 de decembro de 2015
mércores, 2 de decembro de 2015
PREMIADOS DO CONCURSO "PONTE A PROBA"
OS PREMIADOS SON...
1ºB Carlos Iglesias
4ºA David García
5ºA Pablo Araujo
1. Que animal ten tres párpados?
Algúns réptiles, aves, anfibios e mamíferos. Por exemplo o camelo grazas ao terceiro párpado protéxese das tormentas de area; a quenlla (tiburón) pecha o terceiro párpado para atacar e así protexer os seus ollos dalgún golpe.
2. Que animal pode vivir varias semanas sen cabeza?
A cucaracha, porque non teñen presión sanguínea, non respiran pola cabeza, senón que respiran por todo o corpo e o seu corpo funciona como cerebro. Pero morren despois de varias semanas porque non poden alimentarse.
3. Que animal pode limparse os oídos coa súa lingua?
A xirafa, porque mide 21 pulgadas.
4. Que animal non ten cordas vogais?
A xirafa. Considérase o único animal do planeta mudo.
5. Se tres nenos cazan tres moscas en tres minutos. Canto tardarán trinta nenos en cazar trinta moscas?
Tardan 3 minutos, porque todos os nenos cazan as moscas á vez e cada neno tarda 3 minutos.
luns, 30 de novembro de 2015
MANIFESTO NO DÍA DO MALTRATO
O día 25 de novembro foi o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. No colexio fixemos un manifesto contra todo tipo de violencia onde participamos todos os alumnos de Infantil e Primaria.
xoves, 26 de novembro de 2015
O MACHISMO QUE NON SE VE
Este vídeo é unha reportaxe que mostra que o machismo está presente na nosa cultura, nos medios de comunicación e nas relaciones familiares, laborales e sociales.
sábado, 21 de novembro de 2015
UNHA CHARLA MOI INTERESANTE
Esta semana tivemos unha charla sobre o perigo de internet, de dar información persoal a descoñecidos, o acoso... E reflexionamos sobre o tema!
ESTÁ PRESENTE TODOS OS DÍAS...
...AÍNDA QUE NON A VEXAMOS! TODO COMEZA NAS PEQUENAS COUSAS!
Un artigo moi interesante:
POR QUE O ROSA É DE NENAS O O AZUL DE NENOS?
Un artigo moi interesante:
POR QUE O ROSA É DE NENAS O O AZUL DE NENOS?
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro é o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Hai moitas maneiras de maltratar...
O MAGOSTO
Despois de tanto esperar... Fomos tomando posicións para os xogos do magosto! Este ano fixemos grupos con alumnos de diferentes niveis e fixemos xogos moi divertidos! Cando rematou a festa, tomamos castañas... Este ano estaban boísimas!
Velaquí algunhas das fotos dese día.
Velaquí algunhas das fotos dese día.
luns, 16 de novembro de 2015
martes, 10 de novembro de 2015
UN CONCERTO DE TUBA
A tuba parécese a algúns intrumentos que coñecemos... Pero soa totalmente diferente! Pasámolo xenial todos os nenos de infantil e os de 4º A!
UNHA SESIÓN DE TROMPA
E despois de saber as características e o son da trompa... Así gozamos coa música os nenos e nenas de infantil!
10 PAUTAS PARA SUPERAR OS MEDOS
Preme na imaxe para saber as pautas que axudan ao neno ou á nena a superar os seus medos.
Ás veces a pantasma tamén ten medo... Preme AQUÍ para ler este conto sobre pantasmas.
O DÍA DE SAMAÍN
Dende fai días, historias de terror sobre castelos cheos de pantasmas e outros amigos acompañaron aos nenos e nenas para preparar a visita dos Corredores do Medo, desde os de infantil ata os de 6º de primaria.
Uns corredores cheos de recunchos escuros, nos que os seus habitantes non limpan, nin ordenan. Nos que as arañas medran polas paredes e as voces dos pantasmas parecen saír da biblioteca do colexio... Uuuhhh, Uuuuhhhh!!
No percorrido, no que se podía visitar a exposición das vasoiras decoradas, os nenos e nenas perdían os medos pouco a pouco... Ata chegar á Biblioteca que estaba chea de morcegos, arañas, caveiras... onde fixeron unha lectura a escuras con lanternas.
Velaquí as fotos dese día!
Os gañadores do concurso da mellor vasoira decorada foron:
- Lois Ferrín, 4 anos B
- Uxía Fernández, 2º A
- Saúl Fernández, 4º B
- Carlos Pérez, 6º A
domingo, 8 de novembro de 2015
sábado, 31 de outubro de 2015
A SEMANA DO MEDO
A festa do xoves deu comezo coa inauguración da biblioteca. Para celebralo, decorouse a biblio con caveiras, esqueletos, monstros, morcegos... E o mellor foi a exposición de libros de medo. Aproveitamos para facer unha lectura a escuras coas lanternas.
Os corredores do colexio estaban cheos de vasoiras decoradas... Todas moi creativas! A verdade que daban moito medo!
Ao longo da semana fixemos diferentes manualidades de terror, debuxos, historias... Daban pánico!!
Nuns días aparecerán no blog todas as fotos dese día! Mentres, pasade unha boa noite de Samaín!
venres, 23 de outubro de 2015
UN DÍA CON "COCA"
Coca, a neta de Julia Becerra Malvar, condesa que dá o nome ao noso colexio, estivo unha mañá connosco dando unha charla sobre a vida da súa avoa, cousas que facían as dúas, recordos dela... Aproveitamos para facerlle preguntas sobre como era... Un día moi interesante!
OS MEDOS ENTRE O ALUMNADO
Xeralmente, os medos acostuman aparecer entre os 3 e os 6 anos, cando as nenas e os nenos non entenden aínda ben o que sucede ao seu redor e tampouco son quen de separar o que é real do que non o é.
Os medos aparecen e desaparecen e van cambiando a medida que se medra.
Ás veces os contos poden axudar neste proceso. Algúns contos pódense ler premendo en cada enlace:
Outros podemos velos e escoitalos, por exemplo:
domingo, 18 de outubro de 2015
A BIBLIOTECA ESTÁ A PIQUES DE ABRIR
Co outono vén o Magosto e o Samaín... Ademais da festa que teremos no cole coas castañas... que teremos para o Samaín? A biblioteca abrirá con contos de medo? Ao mellor historias de monstros? Ou bruxas malvadas?...
xoves, 17 de setembro de 2015
INICIAMOS O CURSO
Despois de dar a todos os alumnos a benvida ao un novo curso, comezamos...
Durante estes días estamos coa acollida do alumnado de infantil, que toman contacto coas novas profes e compañeiros, realizando actividades relacionadas co inicio do curso, actividades de reencontro cos amigos, consensuando as normas da aula, lembrando as normas do centro, ...
Cos alumnos máis maiores estamos coñecendo as novas aulas, formando grupos para as actividades cooperativas, repasando as normas da aula e do cole, facendo actividades de repaso, falando de como traballaremos este curso e sobre todo... falando do ben co pasaron en verán!!
martes, 8 de setembro de 2015
UN NOVO CURSO ESCOLAR DÁ COMEZO
Esta semana xa comezamos as clases!
O día 10 imos vernos os alumnos de Infantil e Primaria, falaremos un pouco de todo!! Tamén do que imos traballar neste curso! Deica prontiño!!
martes, 23 de xuño de 2015
luns, 22 de xuño de 2015
FALADURÍAS
Este ano, como novidade, comezamos coa nosa revista en versión dixital. Aquí tedes o primeiro exemplar con actividades extraescolares, artigos interesantes, chistes, contos, poesías, excursións, fotos, debuxos dos mestres feitos polos nenos e nenas de infantil,... e moito máis!! Esta edición foi elaborada polos alumnos, coa colaboración dalgúns profes.
REMATAMOS AS CLASES!
O venres rematamos as clases do curso 2014-2015!!
Algúns cursos fixemos unha festiña de despedida con "comilona conxunta", outros fixemos xogos ata as actuacións dos bailes das nosas compañeiras, outros recibimos uns diplomas e unhas orlas porque comezamos unha nova etapa... Despois fomos ao campo para gozar das actuacións das compañeiras de ximnasia rítmica e zumba. Logo, fixemos moitos xogos variados polo campo e o pavillón. Ademais, os nenos de infantil xogamos co colchón inchable a saltar, caer... E por último, despedímonos dos nosos profes ata o ano que vén!
domingo, 21 de xuño de 2015
venres, 19 de xuño de 2015
FIN DE CURSO EN PRIMARIA
Xogamos, bailamos, pasámolo xenial cos nosos compañeiros... Puidemos coa calor!! E agora a descansar!!
FESTIVAL INFANTIL
Moi bo traballo! Menudos bailes... Os nenos e nenas de infantil somos uns artistas!
EXCURSIÓN RÍO BAROSA DE 3º DE PRIMARIA
Pasámolo xenial...xa sabemos facer pan, pizzas, bolos de pan... Tamén sabemos cantas partes ten un muíño, como se traballaba... Foi moi divertido, sobre todo co can que lle chamabamos Coco!
EXCURSIÓN RÍO BAROSA DE 1º E 2º DE PRIMARIA
Algúns tivemos as mans na masa!! Pasámolo moi ben cos nosos compañeiros! Agora xa sabemos como funcionan os muíños, o forno de pan, o traballo que dá o pan...
xoves, 18 de xuño de 2015
martes, 16 de xuño de 2015
sábado, 13 de xuño de 2015
OS GAÑADORES SON...
OS GAÑADORES DO ÚLTIMO CONCURSO DE PONTE A PROBA DO CURSO SON...
2º B UXÍA
3º A DIEGO SARTAL
5º A UXÍA VILLAVERDE
1. Que pesa máis un kilo de ferro ou un kilo de algodón?
Pesan igual, porque pesan un kilo cada un.
2. Se estás participando nunha carreira e adiantas ao segundo, en que posición acabas a carreira?
Segundo, porque antes eras o terceiro.
3. Dous pais e dous fillos van ao cine e compran 3 entradas nada máis para poder ver a película. Pode ser posible?
Si, porque son avó, pai e neto.
4. Unha señora dille a unha amiga: "Fai dous días o meu fillo tiña e o ano que vén terá 9 anos". Pode ser iso posible?
Si, porque a conversación é o día 1 de xaneiro e o fillo cumple anos o 31 de decembro.
5. A suma de 3 cifras iguais da como resultado 24, pero o 8 non é o número que buscamos. Cal é?
22+2
6. Indo eu cara a Villavieja cruceime con 7 vellas. Cada vella tiña 7 sacos e cada saco 7 ovellas. Cantas vellas, sacos e ovellas iban cara a Villavieja?
Ningunha, porque a Villavieja estaba indo eu, elas viñan de volta.
7. Cal é o único animal que dorme cun ollo aberto e outro pechado?
O delfín.
8. Cal é o único animal que dorme nada máis que 7 minutos e ademais o fai de pé?
A xirafa.
9. Cal é o único mamífero que non pode saltar?
O elefante
10. Que animal que existiu na Terra se considera de maior tamaño?
A balea azul, xa que pode alcanzar os 30 metros de lonxitude e chegar a pesar 180 toneladas.
11. Canto mide o peixe máis pequeno do mundo?
Nada máis que 8 milímetros.
12. Cal é o único mamífero que voa?
O morcego.
13. Cal é a serpe máis grande do mundo?
A anaconda, que pode medir ata 9 metros.
14. Cal é o animal máis rápido a 2 patas?
A avestruz, que pode alcanzar os 67 km/h e pode manterse a correndo grandes distancias.
15. Cal é o animal máis rápido a 4 patas?
O quepardo, que pode alcanzar os 100 km/h.
ATENTOS! QUE EMPEZA O CONTO!
Os nenos e nenas de infantil tivemos un contacontos na biblio. Pasámolo xenial!
UN DÍA NA RESIDENCIA
Os de 2º estivemos cos nosos compañeiros maiores no xeriátrico. Ensináronnos as súas instalacións, onde fan exercicio, falamos un pouco con eles... E tamén fixemos xogos!!
UN DÍA NO LAVADOIRO
xoves, 4 de xuño de 2015
OBRADOIRO DE COSTURA EN INFANTIL
Comezamos coa preparación do festival de fin de curso de infantil. Velaquí un obradoiro de costura de disfraces de dinosaurios realizado coa colaboración voluntaria das familias do alumnado de 3 anos. TODO UN EXITAZO!! En dúas horas, quedaron listos case todos os traxes para os máis pequenos do cole que interpretarán unha canción moi divertida de dinosaurios o 18 de xuño.
mércores, 3 de xuño de 2015
LIP DUB: IMAXINA
Despois de varios ensaios... Aquí tedes o resultado do noso Lip dub: Imaxina.
Moitas grazas aos que participaron, sobre todo aos delegados e encargados de cada clase.
sábado, 30 de maio de 2015
ASÍ MIRAMOS AOS DEMAIS...?
Velaquí outro exemplo de que publicidade non só é publicidade. Este vídeo ensínanos que podemos equivocarnos.
CUARTO E ÚLTIMO CONCURSO DO CURSO: "PONTE A PROBA"
Esta semana comezou o último concurso Ponte a proba. Hai preguntas de pensar, de lóxica, sobre animais...
AO REDOR DO MEDIO AMBIENTE
A Asamblea das Nacións Unidas en 1972 sinalou o 5 de xuño como o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
Este ano ademais é o ano internacional do solo. Para coñecer a súa importancia e como coidalo, aquí tedes unha presentación que vos pode axudar.
domingo, 24 de maio de 2015
SABÍAS QUE...
- ...a maioría das partículas de po nas casas están feitas de pel morta?
- ...os delfíns dormen cun ollo aberto?
- ...Thomas Alva Edison tiña medo á escuridade?
- ...o primeiro ano dun can equivale a 21 anos humanos e cada ano canino posterior é de 4 anos humanos?
- ...os muíños de vento sempre xiran ao contrario das agullas do reloxo, agás en Irlanda?
- ...unha libélula vive aproximadamente 24 horas?
- ...unha especie de ra velenosa ten suficiente veleno como para matar ao redor de 2.200 persoas?
- ...cantar é bo para a saúde?
- ...o cerebro se encolle coa idade?
sábado, 23 de maio de 2015
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
Con motivo da celebración das Letras Galegas e o mes de Galicia, imos facer unha nova actividade no centro. Desde a vindeira semana ata final de curso, todos os alumnos que queiran participar, poderán traer de xeito voluntario, fotos de lugares ou monumentos que visitaron en algunha ocasión ao longo da nosa xeografía galega. Estas fotos deberán vir co nome e curso do alumno escritos, ademais do lugar/monumento visitado. Posteriormente expoñeranse nun mapa para que todos os alumnos poidan consultalo.
OS GAÑADORES DO 3º CONCURSO SON...
OS GAÑADORES DO 3º CONCURSO PONTE A PROBA
1º B MATEO VILAS
4º A NOA BARREIRO
5º B UXÍA PORTAS
1. Que relación hai entre o día do libro (23
abril) e Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega?
É o día que morreron estes escritores.
2. De que cidade partiu a idea orixinal do Día do
Libro?
cataluña.
3. En que ano converteuse nunha Festa Mundial o
Día do libro?
1995.
4. Como se chama o escritor que deu a idea
orixinal do Día do Libro? Vicente Clavel Andrés.
5. En que ano naceu e morreu Xosé Filgueira
Valverde?
1906 – 1996.
6. Con que sobrenome se lle coñecía no seu ámbito
intelectual galego? O
vello profesor.
7. En que provincia galega naceu?
Pontevedra.
8. Tamén escribiu unha obra de teatro para nenos,
como se chama? Agromar.
9. A súa primeira obra literaria foi un libro de
relatos para nenos. Cal é o seu título? Cantos anos tiña o autor cando este
libro saíu á luz?
Os
nenos. 17 anos.
10. A ver se es quen de dicir en que importante
institución galega participou o noso autor como membro fundador?
O Seminario de
Estudos Galegos.
O CORREDOR MEDIEVAL
O corredor de infantil de 4 anos e 3º A converteuse en medieval con castelos, contos da historia, personaxes de cabaleiros, princesas, dragóns, escudos, fachos, portas decoradas, vidreiras...
sábado, 16 de maio de 2015
OS EFECTOS DA LECTURA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)